Foodies, runners, hipsters, millenials, estudantes, expertos, influencers... Persoas. Unha xeración completa de persoas que forman parte da Universidade de Vigo e que se preocupan polo seu corpo e a súa saúde; por ser máis activos, estar máis saudables e atopar a felicidade no seu benestar físico e mental. Benvido á era dos Muvers.
Un #muver practica deporte, gústalle viaxar, coñecer mundo. Un #muver é unha persoa moi activa, que coida os seus hábitos e non se permite "perder o tempo" sen facer nada. A aventura e a competición están presentes na súa vida como unha forma de vivila. Un #muver é alguén comprometido, que coida da natureza e cre na felicidade como algo real e alcanzable. Traballo en equipo, desfrute, pracer, deporte, actitude... Estes son algúns dos conceptos que están presentes en todo estilo de vida #muver.
Optimistas, pragmáticos, diplomáticos. Os muvers saben que pertencen a unha xeración que ten que traballar duro polo seu futuro e onde a súa carreira é o piar fundamental dunha vida estable. Pero tamén saben perfectamente a importancia que ten o presente, por iso víveno dunha forma saudable, sabendo que o hoxe é a clave do mañá.
Apúntate ás nosas actividades deportivas 2018-2019 e vive unha nova vida #bemuver